TDAH Salnés pide á cidadanía respecto e comprensión cando vexan nas rúas a mozos con TDAH

SALNÉS> Nestes momentos de corentena, a situación faise máis complicada para os rapaces e rapazas con trastorno por déficit de atención ou hiperactividade. Dende TDAH Salnés continúan mantendo os seus servizos de coidados e atención deste colectivo de forma online. A asociación pide a xente respecto e comprensión xa que para moitos destes mozos é necesario saír as rúas.

Un dos colectivos que peor o está pasando con esta corentena son menores. Situación que se agrava naquelas persoas que padecen Trastorno por déficit de atención ou hiperactividade. A pesar do confinamento, dende TDAH Salnés continúan coa súa actividade de forma online, tanto para os seus usuarios como para as persoas que necesiten axuda ou asesoramento.

O confinamento pode resultar moi complicado para aqueles rapaces con TDAH.

Para moitos destes rapaces e rapazas é necesario saír as rúas. Por iso dende a asociación piden compresión e respecto á xente cando vexan a estes mozos fora das súas casas.

Dende a asociación recomendan a todas as persoas con familiares con TDAH aproveitar a situación para mudar as rutinas do fogar. Tamén aconsellan aos pais negociar cos fillos os momentos de lecer e de traballo para mellorar o aproveitamento do tempo. TDAH Salnés tamén ten aberta unha iniciativa en redes sociais para que as familias envíen imaxes de todas aquelas cousas que están a facer e crear unha rede de solidariedade.