16 millóns de euros para a remodelación de toda a zona portuaria de Portonovo

PORTONOVO> A Xunta de Galicia comprométese a reformar a fachada litoral de Portonovo. Concello e Portos de Galicia amosaron á consellería do mar o proxecto de remodelación do espazo que afectaría tamén a zonas non portuarias da vila. A intervención tería un custo de arredor de 16 millóns pero a consellería advirte, a realización dos trámites e a execución da obra non ser farán nun período inferior a 4 anos.

O Concello de Sanxenxo e Portos de Galicia realizaron un concurso de deseño para reformar a fachada marítima de Portonovo. Ambas administracións amosaron este xoves á consellería o deseño gañador, un proxecto que permite abrir Portonovo ao mar.

A consellería e Sanxenxo levan anos traballando neste proxecto, e tras ver o deseño, a conselleira comprometeuse a facelo realidade.

Iso si, Rosa Quintana tamén advirte que os trámites para a realización desas proxectos son moi longos e que levará anos ver a obra rematada.

Dende o concello celebraron o compromiso da conselleira cun proxecto que, segundo advirten, marcará un antes e un despois para Sanxenxo e Portonovo.

A primeira estimación da consellería é que o proxecto podería roldar os 16 millóns de euros. Ademais da realización dos trámites pertinentes, as administracións tamén comezan as negociación para financiar o proxecto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí