Estevez: ‘A Volta deixará dez euros por cada un investido’

PONTEVEDRA> A deputada Provincial, Begoña Estévez, presentou hoxe o traxecto definitivo da Volta Ciclista a España ó seu paso pola provincia de Pontevedra e o calendario de actividades que a entidade provincial ten previsto celebrar os vindeiros días. Estevez animou a toda a cidadanía a implicarse con esta cita deportiva para darlle a máxima difusión posible.

{flowplayer}images/salnes/Volta_130812.flv{/flowplayer} 

Xa queda menos para que comece a Volta a España e polo tanto para que faga o seu paso por Galicia. A Volta a España chegará á provincia de Pontevedra o martes 28 coa etapa Ponteareas-Sanxenxo, que será a 10ª da carreira. Ó día seguinte disputarase a única contrarreloxo da rolda, entre Cambados e Pontevedra e a para rematar, o día 30, unha etapa con saída en Vilagarcía e remate espectacular no Mirador do Ézaro, en Dumbría. En torno ó evento deportivo, a programación complementaria na que se inclúen concertos ou marchas ciclistas, pretende involucrar á cidadanía. Estevez destacou o impacto económico que a Volta terá en Pontevedra. 

A Deputación de Pontevedra está a organizar tres galas públicas baseadas na proxección de audiovisuais para presentarlle á cidadanía a Volta Ciclista. Unha delas será en Sanxenxo, o mércores 22 de agosto, ás nove da noite na praza dos Barcos. Outro dos puntos a salientar segundo Estevez é que os gañadores de cada unha das 21 etapas recibirán unha botella de Rías Baixas.

Begoña Estevez tamén anunicou a celebración do concurso ‘Pola miña Vila pasa a Volta’, no que estableceranse premios económicos de 4.000€ para o primeiro finalista e de 3.000€ para o segundo. O obxecto é premiar o esforzo e o traballo que realizan os comerciantes e hostaleiros que participen nesta iniciativa para atraer ós clientes decorando os seus establecementos con motivos deportivos imaxinativos e orixinais.

Redacción Salnés