Amegrove revalida en Cabo de Cruz o campionato da LGT

    triunfoamegrove.jpgBOIRO> Os do Grove vencían nunha emocionante regata a Chapela. Estas dúas embarcacións disputarán a fase de ascenso á Liga ACT-San Miguel.

    {flowplayer}barbanza/triunfoamegrove.flv{/flowplayer}

    Nunha disputada regata celebrada onte domingo en Cabo de Cruz, a vixésimo segunda edición da Bandeira Concello de Boiro, a última das probas do calendario da Liga Galega de Traíñas, Amegrove conseguiu revalidar o título de campión nesta competición por diante de Chapela. Os do Grove vencían con apenas seis segundos de diferenza sobre a embarcación viguesa. Despois da vitoria acadada por Amegrove na xornada do sábado, as dúas embarcacións chegaban ó domingo coas mesmas posibilidades de facerse co título. Os dous clubs dependían de si mesmos, e ó final o trunfo caeu do bando dos grovenses, que empataban a 87 puntos con Chapela no alto da clasificación xeral, pero que se fixeron co campionato grazas ó feito de ter logrado este ano unha bandeira máis que o seu rival, que dende un primeiro momento partía como claro favorito a levarse o título.

    Regata emocionante

    Os moitos afeccionados que se achegaron onte domingo a cabo de cruz a presenciar esta proba disfrutaron dunha emocionante regata, desas que crean afección, pois as dúas embarcacións competiron na mesma tanda. Os do Grove, despois dunha saída discreta, conseguiron pouco a pouco aumentar a distancia con Chapela, que rematou segunda, por diante tamén nesta tanda de Sanmertolameu e Cabo de Cruz, que entraron en terceira e cuarta posición, respectivamente. Na clasificación xeral da proba, a embarcación crucense veuse superada nese cuarto posto por Vilaxóan, que remou na primeira tanda, que mellorou o tempo realizado polos boirenses que ocuparon finalmente a quinta praza, por diante de Mugardos que foi sexta.

    Entrega bandeira

    A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, xunto co alcalde de Boiro, Xoán Xosé Dieste, foron os encargados de entregarlle á tripulación grovense a bandeira que os acreditaba coma vencedores da regata.

    Redacción Barbanza