O BNG reafirma o seu compromiso con Galicia

    ofrendabngcastelao.jpgRIANXO> Os nacionalistas conmemoraron na localidade barbanzá o cabodano de Castelao cun acto político no que participou o seu portavoz nacional, Guillerme Vázquez.

    {flowplayer}barbanza/ofrendabngcastelao.flv{/flowplayer}

    Os actos organizados polo BNG co gallo do cabodano de Castelao iniciáronse ás once e media da mañá na Casa da Cultura Cuartel Vello cun acto público no que interveu o seu portavoz nacional, Guillerme Vázquez. Na súa intervención o líder nacionalista criticou duramente as políticas conservadoras que están a levar adiante, tanto a Xunta coma o Goberno do Estado.

    Ano electoral

    Nun ano ademais de eleccións municipais, Guillerme Vázquez, asegurou que o BNG é a garantía fronte ó PP, advertindo de que os populares pretenden levar ós concellos o fracaso da Xunta.

    Compromiso con Galicia

    No seu discurso o portavoz nacional reivindicou tamén a figura de Castelao e o seu ideario nun momento difícil reafirmando o seu compromiso con Galicia e cos intereses da maioría social.

    Ofrenda floral

    Unha vez rematado o acto o portavoz nacional do BNG, arroupado por un grupo importante de militantes e simpatizantes desta formación política a nivel local e comarcal, así como destacados membros do partido, entre eles os deputados Francisco Jorquera, Carlos Aymerich e Bieito Lobeira, desprazáronse polas rúas da vila ata o Paseo da Ribeira, facendo un alto diante da casa de Castelao na Rúa do Medio. Logo deste pequeno parón, a comitiva continuou a súa peregrinaxe ata o Paseo da Ribeira xunto o busto eirixido na memoria do autor do Sempre en Galiza, onde se realizou a tradicional ofrenda floral. O acto rematou coa interpretación do himno galego.

    Redacción Barbanza