O Concello de Pontevedra organiza con ADEGA “Charcas con Vida”

     PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra e a Asociación ecoloxista nacionalista ADEGA organizan o vindeiro día 2 de febreiro…

    {flowplayer}images/salnes/ptac_dia_humedais.flv{/flowplayer}

    … unha completa xornada de actividades en torno á temática das charcas.

    Baixo o lema de Charcas con Vida Pontevedra abre o Programa da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia sobre estes humidais.

    Charcas con Vida presentará na Cidade do Lérez o seu completo proxecto de recuperación destes espazos, que inclúe un apartado de custodia do territorio con voluntariado.

    O prato forte neste primeiro domingo de febreiro serán as xornadas a cargo de destacados estudiosos destas zonas verdes e a vexetación e as especies que habita nelas. Os profesores e investigadores universitarios Martiño Cabana, Pere Fraga e José Teixeira serán algúns dos poñentes que tamén intervirán nesta xornada de charlas no Pazo da Cultura.

    Unhas ponencias que serán abertas para tódolos públicos e de balde, aínda que é mester inscribirse previamente.

    Redacción Salnés