Detido un pontevedrés que ameazaba con queimar un comercio

    INTENTOLUME.jpg PONTEVEDRA> O parecer, o home tiña un problema co dono do local pola compravenda dun vehículo hai meses.

    Os feitos tiñan lugar onte en torno ás oito do serán cando o propietario deste local comercial chamaba á Policía Nacional alertando da existencia no seu establecemento dun home que ameazaba con prenderlle lume. De contado varias dotacións de axentes persoábanse na zona para comprobar, tras falar co denunciante, a estancia do home no interior dunha das oficinas do local. Os obxectos da oficina atopábanse revoltos, algúns deles tirados polo chan. O denunciado portaba nas súas mans un chisqueiro prendido e un pequeno bote de gasolina. Ameazaba con incendiar o local. Segundo informa desde a Comisaría Provincial de Pontevedra, cando os policías se viron obrigado a irromper pola forza no habitáculo, o home sacou un cúter e unha agulla de grandes dimensións coas que ameazou ós axentes intentando impedira súa detención.
     
    Tras un pequeno forcexeo, os axentes lograron reducir ó denunciado e detelo sen que se rexistrasen danos persoais. Ó parecer, o agora detido mantén un problema co dono do negocio pola compravenda dun vehículo hai meses. Logo de tramitarse o atestado policial, o arrestado púxose a disposición xudicial.
     
    Redacción Salnés