O 86% dos negocios de compraventa de ouro presentan irregularidades

    SALNÉS> Son os datos que se substraen dun estudio realizado polo Instituto Galego de Consumo.

    {flowplayer}images/salnes/IrregularidadesCompraOuro_210812.flv{/flowplayer} 

    Segundo a Directora Xeral de Comercio, a crise económica pode ser un dos detonantes do incremento da actividade e proliferación dos locais que comercian con ouro. Segundo o Instituto Galego de Consumo o 86% destes establecementos presentan irregularidades. Entre elas, non expoñer o prezo do producto por unidade de medida, irregularidades nos instrumentos de medidas dos metais ou a inexistencia de follas de reclamación. 

    No Salnés son cada vez maís numerosos este tipo de negocios. Con todo a maoiría da xente recoñece nunca ter acudido a estes establecementos.

    A Consellería de Economía porá en marcha unha segunda campaña para comprobar se os establecementos correxiron os erros detectados. De non ser así sancionarase con multas de ata 3.000 euros no caso de faltas leves, como as relacionadas coas follas de reclamacións, e de ata 15.000 euros polas máis graves, como as irregularidades nas básculas.

    Redacción Salnés