Sanxenxo homenaxea a Germán Sánchez Ruipérez

    SANXENXO> No acto estiveron presentes familiares e numerosos persoeiros da política e da cultura galega.

    {flowplayer}images/salnes/Homenaxefundadoranaya_210812.flv{/flowplayer} 

    O acto de homenaxe a Germán Sánchez Ruipérez comezou cun sentido minuto de silencio polo histórico galeguista Avelino Pousa Antelo, falecido onte ós 98 anos de idade.

    Entre os presentes, ademais do grupo de goberno local, estiveron o Conselleiro de Cultura Xesús Vázquez, o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, ou o editor e membro da Real Academia Galega, Víctor Freixanes. Todos tiveron verbas de cariño e de recoñecemento cara a figura de Sánchez Ruipérez, un dos destacados promotores da cultura galega.

    A propia alcaldesa facía entrega dun detalle á viúva, visiblemente emocionada. Sánchez Ruipérez foi fundador do grupo Anaya e da editorial Xerais, entre outras. Estivo vencellado durante máis de corenta anos a Sanxenxo. Aquí pasaba longas tempadas nas súa casa do Paseo de Silgar. Nela recibiu a intelectuais da talla de Xosé Luis Méndez Ferrín ou Fernando Lázaro Carreter. Por este apego a Sanxenxo o concello concedeulle hai dous anos a Cebola de Ouro.

    Agora, seis meses despois do seu falecemento, o municipio honrou a un dos seus fillos máis queridos. Sen dúbida as verbas máis sentidas foron as dos seus familiares.

    Redacción Salnés