UUAA sae á rúa para informar sobre a importancia da PAC

    uuaa_paccopy.jpgCAMBADOS> No Salnés o fixeron hoxe na capital do Albariño coincidindo co 50 aniversario desta Política Agrícola Común.

    {flowplayer}images/salnes/INFORMACION_PAC_UUAA.flv{/flowplayer}

    Concienciar sobre a importancia da PAC, a Política Agrícola Común. Esta foi a finalidade pola que desde o sindicato Unións Agrarias instalaron diferentes puntos informativos, coincidindo coa celebración do seu cincuenta aniversario ¡. O máis importante da norma, tal e coma sinalou o secretario xeral por Arousa, Manuel Ángel Dopazo, son sobre as axudas que contempla xa que permiten que se manteñan moitas explotacións no medio rural.

    A nota discordante a pon a reforma da PAC que contempla a liberalización dos dereitos de plantación, entre eles os das explotacións vitícolas. Nesta liña, Dopazo confesou que isto suporía unha masificación nas plantacións, unha perda de calidade e unha diminución do prezo. Para evitar que se leve a cabo, desde cantidade de organismos xa puxeron en marcha diferentes iniciativas.

    Aproveitamos este punto de información para preguntarlle a Dopazo como ven desde o sindicato a campaña da vendima este ano. Lamentaron que vaia vir reducida xa que non vai supor máis que unha mingua nos ingresos dos viticultores.

    Ademais, este ano, asegurou, a falta duns contratos homologados vai ocasionar problemas. Por iso, desde UUAA xa reclaman a convocatoria dunha nova mesa do viño para comezar a negociar novos documentos de cara á campaña 2013.

    Redacción Salnés