Novo incidente nos pisos ‘okupas’ de Abesadas

RIBEIRA> Non é a primeira vez que se produce un incidente así. E é máis, son bastantes frecuentes.

Os veciños e residentes nas zonas próximas a estes bloques de edificios ‘okupados’ en pleno casco urbano teñen que padecelos case a diario.

Nesta ocasión foi de madrugada. Unha chamada dun particular alertou ó 112 da presenza dunha densa e mesta cortina de fume saíndo dende unha das fiestras do edificio.

Unha vez no lugar os equipos de emerxencias procederon á súa extinción.

Ó parecer só afectou a unha das vivendas, nas que se acumulaba tamén unha gran cantidade de lixo.

Xa non había ninguén no edificio, xa que os seus ocupantes o abandonaran ó iniciarse o incendio.

Ante este novo suceso, dende o  Concello insisten en pedirlle ó Sareb, a sociedade propietaria deste bloque de edificios, que proceda de inmediato ó desaloxo destas persoas.

Dende o Concello pouco poden facer. Aínda así non permitirán que a seguranza da veciñanza se vexa comprometida por este tipo de condutas pouco apropiadas.