Aguiño retoma a festa do percebe trala declaración de interese turístico

RIBEIRA> A confraría de Aguiño decidiu retomar a celebración da Festa do Percebe. Será unha edición moi especial posto que vén de ser declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

A confraría de Aguiño traballa xa na organización da festa do percebe que se desenvolverá o día 31 de xullo na explanada portuaria da parroquia.

Había ganas de retomar esta celebración; máis se cabe este ano no que a festa vén de ser declarada de interese turístico de Galicia polo que agardan aínda máis afluencia de visitantes.

Aínda que quedan por ultimar algúns detalles o patrón maior xa adiantou que esta edición deparará moitas novidades ós asistentes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí