Juan Manuel Rey: ‘Para que a Sanidade vaia a peor terei que falar co Conselleiro para saber como se fai’

CALDAS> O alcalde de Caldas defende que a solución que impulsa o concello ante a falta de médicos no centro de saúde débese á deixación de funcións da Xunta. O concello vai sufraga-los gastos sanitarios a veciños sen recursos que non poidan ser atendidos no PAC pola falta de sanitarios. Lembra que a medida conta co apoio unánime da corporación, incluído o PP. O rexedor aproveita tamén para responderlle ao Conselleiro de Sanidade. Juan Manuel Rey lémbralle a Julio García Comesaña que o que ten que trasladarlle o problema de falta de sanitarios ao goberno central é el, como máximo responsable da sanidade en Galicia.

A medida xera debate en Caldas, pero sobre o papel conta co apoio de toda a corporación, incluído o Partido Popular. Unha situación que aproveita o alcalde para defender que sexa o concello o que asuma os gastos sanitarios daqueles veciños sen recursos que non sexan atendidos no PAC pola falta de médicos.

O alcalde mesmo defende que a medida debería extenderse a toda a poboación, porque -entende o socialista- a crise da sanidade non debería repercutir sobre ninguén.

Juan Manuel Rey insiste, con todo, en que a prioridade do Concello é que se garanta un servizo público é de calidade. Entende que a medida resolve un problema da Xunta sobre o que o concello non ten competencias.

O rexedor aproveita para responderlle ao Conselleiro de Sanidade que lle pide ao Concello que denuncie a situación tamén ante o goberno central. O alcalde lémbralle que iso tamén é unha competencia autonómica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí