A oposción en contra na aprobación da ordenanza de circulación

    VILAGARCÍA> Foi aprobada unicamanete cos votos de PP e IVIL, tras un debate tenso e cruce de acusacións entre goberno e oposición.

    {flowplayer}images/salnes/PlenoVillaOrdenanza_270812.flv{/flowplayer} 

    No mes de abril saltaba a polémica en Vilagarcía coa aprobación dunha Ordenanza Municipal de Circulación na que se prohibía, entre outras, cousas correr ou saltar pola rúa, pararse nas beirarrúas varias persoas a falar, formar colas ás portas dos establecementos ou a citrculación de patinetes polas zonas peonís.

    Entón foran presentadas numerosas alegacións a estes puntos que foron modificados e aprobados. Sen embargo tivo que ser tan só cos votos do goberno. O BNG votou en contra argumentando que o goberno local ocultoulles información e documentación sobre as alegacións, e non lles pasou o texto final correxido.

    As críticas chovéronlle a Fole dende PSOE e Esquerda Unida, que acusaron de falta de diálogo de PP e de ter recibido hoxe ó mediodía o texto final da ordenanza, sen tempo para estudialo e debatilo no pleno. 

    O alcalde pola súa parte amosou o seu enfado cos grupos da oposición ó considerar intolerable que non voten a favor unha ordenanza na que se tiveron en conta as alegacións presentadas por eles mesmos.

    Redacción Salnés