VILAGARCIA> Vilagarcía acollerá o vindeiro sete de setembro no auditorio a feira de emprego organizada pola cámara do comercio. O evento está enfocado á xente moza pero a organización abre as portas a que calquera persoa se achegue a presentar o seu curriculum. Na feira estarán presentes ao redor de 20 empresas.
A Cámara de Comercio de Vilagarcía, Pontevedra e Vigo quere fomentar a contratación e para iso organizará o vindeiro sete de setembro a súa cuarta Feira de Emprego. A cita será a primeira que a organización realice de forma presencial, as anteriores foron virtuais. Os interesados poderán achegarse ao auditorio e presentar o seu curriculum.
Na feira tamén se realizarán dos obradoiro para axudar a mellorar a comunicación entre os demandantes de emprego e as empresas. Para apuntarse é necesaria inscrición previa.
Aínda que a feira está enfocada aos menores de 30 anos. Finalmente a organización abrirá a posibilidade a que calquera persoa se achegue a presentar o seu curriculum.
A feira terá lugar no auditorio de Vilagarcía en horario de 9 e media a dúas e media.