![]()
VILAGARCÍA> O mal tempo provocou o seu aprazamento a semana pasada. Estará no Miguel Hernández de venres a domingo.
{flowplayer}images/salnes/FeiraTapas_290812.flv{/flowplayer}
A mala climatoloxía obrigou este ano a retrasar a Feira das Tapas, un evento organizado pola asociación de hosteiros de Vilagarcía, Ahituvi, coa colaboración do concello. Malia que as datas a priori non son as máis propicias, o alcalde Tomás Fole considera que será un bo exame para a feira de cara a un futuro desvencellado das festas de San Roque.
No parque Miguel Hernández volverán a colocarse 14 stands. Cada establecemento presentará dúas tapas. Haberá premios para a máis vendida e tamén para a mellor valorada por un xurado profesional. Os prezos mantéñense con respecto ó ano pasado. A tapa subirá a dous euros, pero estará compensada coa baixada do custe das bebidas, a 1,50. Dende a organización agardan que repetir as mesmas cifras de venta do ano pasado.
Os que se acheguen ata alí poderán degustar tapas ó máis puro estilo tradicional e outras de cociña máis creativa e moderna. Tamén estará aberto, ó igual que o ano pasado, o stand de pastelería.
Redacción Salnés






