CAMBADOS> Un dos concellos máis abertos da nosa contorna, atendendo ao acontecido nas últimas eleccións é o de Cambados. Cinco partidos forman parte do pleno municipal cun goberno bipartito en minoría. Os cambadeses volveron hoxe ás urnas, nunha xornada que transcorreu con normalidade que nas primeiras horas da mañá contou cunha gran participación.
O bipartito está composto por PSdeG e Somos Cambados, as dúas formacións afrontan os comicios con ilusión.
Na oposición atópase o PP, sendo o partido máis votado. Os populares buscan a maioría.
O bipartito mantense grazas ao apoio do BNG, a formación agarda sumar máis apoios e volver ao goberno.
Tamén parte co mesmo obxectivo de sumar apoios e volver ao goberno, Cambados Pode.
Coa variedade de partidos de Cambados, a maioría absoluta na vila amósase complicada. O resultado electoral marcará as alianzas que poidan xurdir para sumar os 9 concelleiros necesarios para formar goberno.