‘Éxito deportivo, organizativo e de promoción’

    balance_aragundevoltacopy.jpgCAMBADOS> Así valorou o alcalde de Cambados, Luis Aragunde, o paso da Volta Ciclista a España polo municipio. Foi, dixo, a maior promoción que se fixo nunca.

    {flowplayer}images/salnes/BALANCE_PASO_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    Éxito deportivo, organizativo e de promoción. Así definiu esta mañá o alcalde de Cambados, Luis Aragunde, a contra reloxo da Volta Ciclista que onte acolleu o municipio. Ademais, aínda que carecen de datos de participación, asegurou que milleiros de persoas se achegaron ata a vila para gozar do evento.

    O fixeron co obxectivo de contribuír ó traballo feito polo concello e a Asociación Zona Centro con motivo da participación no concurso organizado pola Deputación de Pontevedra ‘Pola miña vila pasa a Volta’. Entre outras cousas púidose ver un ciclista de máis de sesenta metros construído na auga, un logotipo xigante da Volta e unha recreación dunha botella de viño na Illa de San Sadurniño.

    Con todo, Aragunde asegurou que esta foi a maior promoción que se fixo nunca de Cambados para o que, considerou, estiveron á altura.

    Por último, o rexedor local agradece o traballo feito polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e os operarios municipais.

    Redacción Salnés