Portos e Cámara asinan un convenio para promovela náutica de recreo

    CONVENIO_PORTOSCAMARAcopy.jpgVILAGARCÍA> Entre outras cousas, o documento contempla unha misión inversa que traerá á comarca tourperadores de diferentes países europeos.

    {flowplayer}images/salnes/CONVENIO_PORTOS_CAMARA_COMERCIO.flv{/flowplayer}

    Co obxectivo de promovelos portos deportivos e as instalacións da náutica de recreo da demarcación da Cámara de Comercio de Vilagarcía, esta ven de asinar un convenio de colaboración con Portos de Galicia.

    O documento estará en vigor ata finais de ano e, entre outras cousas, contempla unha misión inversa con prescriptores de opinión, touroperadores e empresas charter europeas que visitarán o Salnés entre mediados de outubro e novembro. E é que outra das finalidades deste convenio é desestacionalizalo turismo na nosa demarcación. Segundo informaron desde Portos de Galicia, ó redor dezasete mil embarcacións circundan as costas galegas ó ano.

    Este convenio é, ademais, a primeira das actuacións posta en marcha dentro do Plan Estratéxico da Náutica de Recreo 2012-2020 presentado por Portos de Galicia fai pouco máis de dous meses.

    Polo de agora, xa están confirmados prescriptores de opinión de Francia, Alemaña Rusia.

    Redacción Salnés