A Lomba presenta o seu mellor aspecto para acoller o amigable entre o Celta e o Lille

VILAGARCÍA> Rematada a remodelación do campo de futbol municipal de Vilagarcía. A Lomba xa está lista para acoller mañá o encontro amigable que enfrontará ao Celta de Vigo co Lille francés as 20:00 horas. Polo de agora xa se venderon máis de 2 mil entradas e o Arosa volverá a abrir mañá o despacho de billetes a partir das 5 e media da tarde.

O campo municipal de A Lomba en Vilagarcía lucirá mañá o seu mellor aspecto para acoller o partido amigable entre o Real Club Celta de Vigo e o Lille francés. O recinto finalizou a súa remodelación grazas á colaboración entre o Celta, o concello da vila, o Arosa e a Federación galega de Fútbol. O encontro servirá para recadar fondos para o equipo arosista e o seu presidente agarda un gran espectáculo.

Pola súa parte o Presidente da Federación Galega de Fútbol espera que o ambiente mañá na Lomba sexa similar ao que asistiu fai décadas a ver o encontro entre o Arosa e a Real Sociedade.

Para que esta reforma se levase a cabo foi moi importante a colaboración do Celta de Vigo. Dende o club vigués destacaron a boa disposición do Arosa.

O alcalde tamén agradeceu ao Celta e a federación a súa colaboración para que o campo da Lomba presente o seu mellor aspecto.

Polo de agora o Arosa xa vendeu máis de 2 mil entradas. Mañá o club volverá abrir o despacho de billetes a partir das 5 e media da tarde.