O PP de A Illa presenta a Juan José González como candidato

    juanjoseglez_100_190307.jpgA ILLA > O Partido Popular de A Illa presentou esta fin de semana ó seu candidato á alcaldía. Juan José González fixo un repaso…

    …polas obras executadas na Illa nestes últimos catro anos co apoio da Deputación de Pontevedra e aludiu á pasividade do grupo de goberno local. Rafael Louzán foi o encargado de presentar ó candidato, e no acto estiveron presentes alcalde e candidatos populares de toda a comarca.rafaellouzan_200_190307.jpg

    Juan José González é o alcalde que a Illa necesita. Así de taxante se mostrou este pasado sábado o presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafael Louzán. Juan José González fixo durante a súa intervención un repaso ás actuacións que se levaron a cabo no municipio, e denunciou a política do grupo de rexencia municipal. González falou dun municipio atrancado e demandou a creación de parques infantís, polideportivos e bibliotecas axeitadas, e centros de día para os maiores. González se comprometeu a seguir taballando desde a alcaldía, como se fixo ata agora desde a oposición pola xente de A Illa, e para elo pediu a colaboración de tódolos militantes e simpatizantes.

    Candidatura

    O presidente do Partido Popular na provincia e da Deputación de Pontevedra Rafael Louzán foi o encargado de presentar ó candidato, aínda que tamén tivo palabras de agradecemento para o anterior equipo encabezado por Antonio Otero. Tamén apreoveitou para dar a benvida ás novas incorporacións á candidatura, coma o subcampión do Mundo de Piragüismo Ramón Ferro, que se uniu a unha lista aínda sen desvelar completamente. Louzán criticou a política de vivenda do concello ó abeiro da Xunta e sinalou o que segundo él pode ser o motivo.

     Acompañando a Juan José González estiveron os alacaldes de Cambados, Ribadumia e Meaño, José Manuel Cores Tourís, Salomé Peña e Jorge Domínguez; así como o candidato de Vilagarcía, Tomás Fole, e un nutrido grupo de militantes e simpatizantes.

    Redacción Salnés