As altas cotizacións de ameixa e navalla animan a campaña marisqueira en Aguiño

RIBEIRA> Os altos prezos acadados pola ameixa e a navalla nas últimas semanas deixan un moi bo balance na confraría de Aguiño. O marisco mantívose en cotizacións moi boas a pesar de que outubro soe ser un mes de transición. A ameixa rubia mantívose a unha media de nove euros ata a apertura do libre marisqueo aínda que segue a acadar moi boa cotización. Mesma situación na navalla e no longueirón, con prezos á alza. Precisamente coa vista posta xa en novembro, a confraría de Aguiño reserva a zona de Sálvora e Sagres da cara ó inicio forte da campaña do crustáceo.