Aprobadas as bases definitivas da parcelaria de Perdecanai

    sinaturasparcelaria copia.jpg BARRO> Con elas danse por pechadas as directrices que seguirá a actuación logo de estudar as alegacións que se presentaron ás bases provisionais.

    {flowplayer}images/salnes/PARCELARIA_BARRO_050912.flv{/flowplayer}

    A xunta local da concentración parcelaria de Perdecanai vén de reunirse para dar luz verde ás bases definitivas do proxecto. Con elas danse por pechadas as directrices que seguirá a actuación logo de estudar as alegacións que se presentaron ás bases provisionais. O seguinte paso será facelas públicas para que se poidan interpoñer os recursos de alzada no prazo de trinta días seguintes á publicación.

    Esta concentración seguirá á que se está rematando na zona de Agudelo-Barro-Valiñas. Nestes intres estanse acometendo unha serie de melloras que demandaron os veciños con posterioridade ó inicio das obras, como o acondicionamento de ramplas de entrada ás fincas.

    As obras inclúen tamén a mellora da capa de rodadura ou a reposición de servizos de regadío. Goberno local e Xunta coinciden en que este proceso de concentración está a ser longo, pero ‘imprescindible’.

    Aproveitando a súa estancia en Barro o delegado territorial tamén se desprazou á nova rotonda de Curro para ver o avance das obras e atender a novas peticións dos veciños, como a execución do saneamento e beirarrúas entre a igrexa e o cruce da Portela.

    Redacción Salnés