![]()
O GROVE> Estará situada no edificio de formación ocupacional de Monte das Flores e botará a andar no mes de outubro.
{flowplayer}images/salnes/EscolaMusicaGrove_050912.flv{/flowplayer}
Aínda non hai unha data fixada pero cóntase que a partir do mes de outubro bote a andar a Escola Municipal de Música de O Grove. Así o comunicaron esta mañá o alcalde Miguel Ángel Pérez mailo concelleiro de cultura Carlos Otero.
A Escola estará situada no edificio de formación ocupacional de Monte das Flores, que actualmente está a ser obxecto de melloras tanto nas aulas como no exterior para adaptalas instalacións a esta nova actividade. Poderán matricularse na Escola rapaces dende catro anos de idade e iranse ofertando diferentes actividades e instrumentos conforme á demanda. Neste primeiro ano contará con seis mestres e agárdase que por enriba do medio centenar de alumnos.
Dende o concello tamén anunciaron que a partir desta semana comezarán a reunirse coas direccións dos diferentes centros educativos do municipio para ofrecerlles a celebración de concertos didácticos. O obxectivo é fomentar a cultura musical e captar alumnado para a Escola.
Redacción Salnés






