A folga de Lantero a piques de bater record de durabilidade

    VILAGARCIA> Os traballadores de Lantero continúan montando garda ante a sede da empresa no polígono do Pousadoiro. Unha folga que mañá baterá un record de durabilidade respecto ás feitas en Galicia nos últimos tempos; e que podería prolongarse aínda máis posto que hai poucas esperanzas postas na reunión deste venres ca dirección de empresa.

    O Comité de empresa de Lantero vai a presentar unha denuncia ante a inspección de traballo polas nóminas en negativo que recibiron nos últimos días os traballadores que están secundando a folga. Aseguran que hai irregularidades nestes descontos co que só se persegue amedrentar á plantilla. Din os traballadores que os descontos corresponden ós prorrateos dos incentivos e da paga de Nadal; dous pagos que nunha prorratean nas nóminas. Esta medida de presión adoptada pola dirección da empresa non ven máis que a unir ós traballadores en folga, que mañá igual o record de durabilidade da folga do servicio da recollida do lixo en Lugo. Á unión vai a máis. E parece que esta folga podería alongarse ata o Nadal posto que poucas esperanzas hai postas na reunión deste vindeiro venres pola mañá. Tras esta xuntanza só lles quedaría agardar ata a reunión do día 23, véspera de noiteboa; cando se esgota o prazo de negociación do actual ERE proposto. A nota positiva en Lantero encontrámola no billete da lotaría de Nadal 13.605. O número que xogan desde fai tempo os empregados desta cartoneira arousá esta esgotado e non hai maneira de conseguir un décimo máis para abastecer as moitas peticións dos veciños. Moitos arousáns cren que a Lotaría de Lantero podería traer a sorte para eles, no que está a ser un ano nefasto para o traballo na Arousa.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/09/LANTERO_0912.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/09/lantero_09122014.mp4{/flowplayer}