Os domingos…teatro ás seis en Cambados

CAMBADOS> Os domingos… teatro ás seis é o suxerinte título da mostra de teatro infantil de Cambados que comeza xa este domingo. A programación componse de catro pezas teatrais para tódolos públicos das mellores das producidas nos 2013.

A programación infantil de teatro chega a Cambados, coma sempre, despois de Reis. Desta volta o título co que se publicita é Os domingos…teatro ás seis, o que axudará a recordar a cita que terán nos vindeiros catro domingos, tódolos cativos co máis destacado da escea teatral galega.

Estas obras están destinadas ó público familiar e chegan á Capital do Albariño grazas á estar integrado na Rede Galega de Teatros e Auditorios. As pezas xa foron estreadas noutros lugares con gran éxito de público, co que paga a pena investir un pouco en cultura.

Desde a Concellería de Cultura animan a quitarse a preguiza nestas tardes de inverno e ir a quecer as mans aplaudindo teatro do bó. Para ver a outra mostra teatral cambadesa, á destinada ó público adulto, haberá que agardar ata o vindeiro outono.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/17/teatro.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/17/ciclo_infantil.mp4{/flowplayer}