Unha noiesa denuncia as condicións de inhabitabilidade da súa vivenda

pisonoiahumidades.jpgNOIA> O estado do seu piso, ó que accedeu a través do programa Aluga da Xunta, é tan deficiente que mesmo lle está a causar graves problemas de saúde.

{flowplayer}barbanza/pisonoiahumidades.flv{/flowplayer}

As condicións nas que vive Lola Beiro e os seus dous fillos menores, de dez e dezasete anos, non son as máis idóneas. A todas luces a vivenda presenta graves problemas de humidades, fundamentalmente no salón, nas que mesmo tivo que ir colocando caldeiros ó longo da estancia para recoller a auga das goteiras. A este problema hai que sumarlle tamén os gases das chemineas de todo o edificio e que se introducen no seu piso, o que lles están a causar graves prexuízos para a súa saúde.

Programa Aluga

Lola accedeu a este inmoble grazas ó programa Aluga da Xunta de Galicia, Administración que lle subvenciona practicamente ó 100% o inmoble, dada a súa situación económica, ó non poder facer fronte a un alugueiro convencional. Despois de varios anos denunciando o seu problema, e agardando por unha nova vivenda, parece que todo terá unha solución en breve, xa que o Instituto Galego de Vivenda e Solo, entidade que coordina este programa, optou por concederlle un novo piso en Brión.

Redacción Barbanza