Lembranzas a Bóveda e Castelao na inauguración en Pontevedra da mostra que celebra os 40 anos do Parlamento Galego

PONTEVEDRA> ‘O poder da palabara’ xa está en Pontevedra. Trátase da exposición itinerante coa que o Parlamento de Galicia está a conmemora-lo seu 40 aniversario. Foi inaugurada polo presidente da cámara no Café Moderno da cidade, onde se poderá visitar ata o vindeiro día 25.

Galicia continúa a conmemora-lo 40 aniversario do seu Parlamento, un dos piares da súa autonomía como nacionalidade histórica. Unha conmemoración que chega agora á cidade de Pontevedra da man da mostra ‘O poder da palabra’. Trátase dunha exposición que percorre as catro décadas da Cámara galega, a través de imaxes e documentos.

A mostra foi inaugurada polo propio presidente do Parlamento Galego. Miguel Santalices falou dos 40 anos de autonomía galega como unha historia de éxito colectivo que, agora, queda plasmada nesta mostra. E indicou que se Galicia a día de hoxe está á altura de Cataluña e Euskadi é grazas a todos os que loitaron para que así fose, tanto na Transición como na República. Neste caso, con lembranza a Bóveda e Castelao.

‘O poder da palabra’ pódese visitar ata o día 25 deste mes no Café Moderno da cidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí