O PSdeG discrimina á Arousa nas listas ó Parlamento

    O SALNÉS> Cando quedan seis días para que se esgote o prazo de presentación de candidaturas para as vindeiras eleccións…

    {flowplayer}images/salnes/cambios_listas_psoe.flv{/flowplayer}

    … autonómicas segue a haber movementos nos distintos partidos. As listas máis polémicas están a ser as do PSOE, que veñen de experimentar cambios nas últimas horas que trascenderon á opinión pública. Os casos máis chamativos encontrámolos nas listas da Coruña e de Pontevedra. Nesta última provincia, o candidato pola comarca da Arousa, Julio Torrado ven de ser relegado ó posto número 9, quedando así supostamente sen opción de chegar a ser deputado autonómico tralos comicios do 21 de outubro.

    Un retroceso á forza que a opinión pública interpretou como un castigo do líder socialista Manuel Pachi Vázquez ó que foi un dos apoios en Vilagarcía do ex-Secretario provincial Modesto Pose. En troques sube a que fora conselleira de Pesca Carme Gallego ata o cuarto posto, por detrás de Abel Losada, Patricia Vilán e Pablo García, por esta orde.

    No tocante ás listas coruñesas prantexadas polo ex-ministro Francisco Caamaño o lider do PSdeG, Manuel Pachi Vázquez, ven de modificalas para upar ó que fora conselleiro de Presidencia José Luís Méndez Romeu. Segue quedando fóra nesta lista o actual deputado autonómico José Manuel Lage Tuñas, trala extensa polémica vivida nas redes sociais logo de que Caamaño o excluíse do seu persoal de confianza de cara as vindeiras eleccións.

    Redacción Salnés