O líder do PSdeG responsabiliza a Feijóo dos recortes sanitarios na comarca do Salnés

O SALNES> A situación da sanidade no Salnés, eixo central do encontro dos socialistas da comarca co secretario xeral do PSdeG. Gonzalo Caballero reuniuse cos seus esta mañá, nunha xuntanza no Auditorio de Vilagarcía. Alí tamén recibiron a un grupo de afectados polas listas de agarda.

Para o secretario xeral do PSdeG o deterioro da sanidade pública só ten un responsable: Alberto Núñez Feijóo. Gonzalo Caballero mantivo un encontro cun grupo de afectados polas listas de agarda. Comprometeuse a leva-lo problema, de novo, ó Parlamento Galego.

Caballero tamén se reuniu cos socialistas da comarca. Sobre a mesa, tamén a problemática da sanidade na nosa contorna. O alcalde de Vilagarcía aproveitou para denuncia-la situación do obsoleto centro de saúde de San. O socialista lamenta que o Conselleiro de Sanidade só se achegue á cidade, dixo, para facer propaganda, en relación á visita esta mesma semana ó Intecmar. Alberto Varela denuncia que Vázquez Almuíña leva anos sen atende-lo convite do Concello para ver in situ o estado do ambulatorio.

Preocupación pola sanidade tamén en Meis. A rexedora insiste na falta de médicos e problemas co servizo de pediatría.

Os socialistas tamén mantiveron un encontro cun grupo de afectados polas listas de agarda. Pedíronlle ó secretario xeral do PSdeG que leve, de novo, este asunto ó Parlamento Galego.

A socialista denuncia que toda a información está chengando ó Concello por cauces extraoficiais e non pola Xunta. Denuncia, ademais, que o goberno galego non deu resposta á súa petición de reunírse para aborda-lo asunto.