![]()
PONTEVEDRA> O Pacto, enmarcado no proxecto Aquelando 3, está dirixido a persoas con discapacidade ou en risco de exlclusión. Foi asinado por 19 entidades.
{flowplayer}images/salnes/CONVENIO_MANCOMUNIDADES_EMPREGO.flv{/flowplayer}
A integración de cláusulas de tipo social nos pregos de contratacións administrativas, fomentala eficiencia na xestión e o autoemprego e posibilitar o incremento das contratacións de persoas con discapacidade. Estes son os principais obxectivos do convenio que a Deputación de Pontevedra ven de asinar con dezanove entidades colaboradoras, entre as que se atopa a Mancomunidade do Salnés a do Ulla-Umia. Leva por nome Pacto pola calidade e produtividade social no emprego.
O convenio, que entre outras cousas incluirá xornadas de sensibilización e diferentes talleres formativos, enmárcase dentro do proxecto Aquelando 3. Este ten coma finalidade principal incrementala inserción laboral das persoas que se atopan en situación de desemprego no campo da atención a persoas maiores, con discapacidade e á infancia.
Pola súa banda, o Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, amosou a súa satisfacción ó poder formar parte deste proxecto xa que vai permitila inserción laboral e tamén social das persoas con discapacidade a través de fomentala igualdade de oportunidades.
O proxecto Aquelando 3 está financiando polo Fondo Social Europeo e a Deputación de Pontevedra, o que supón unha inversión de 3’4 millóns de euros.
Redacción Salnés







