A primeira ruta de tapas de Caldas supera todas as expectativas e repartir uns 5.000 petiscos

CALDAS> O mesón Bermaña coróase co primeiro premio da primeira ruta de tapas de Caldas. O evento celebrouse esta pasada fin de semana, converténdose nun gran reclamo para veciños e visitantes que se achegaron ata a vila atraídos polo proposta gastronómica. En catro xornadas repartíronse 5.000 petiscos. A organización, satisfeita coa iniciativa, avanza que haberá segunda ruta de tapas no 2027.

A Ruta de Tapas de Caldas foi todo un éxito. A primeira edición desta iniciativa repartiu nin máis nin menos 5.000 petiscos. O primeiro premio foi para o mesón Bermaña, cunha proposta que contou co apoio do público e do xurado.

A súa proposta buscaba unir a tradición da cociña de sempre cun toque moderno, combinando ensaladilla, con gambas agridoces e unha vinagreta de pementos asados da avoa.

Fátima coméntanos ademais que quedou encantada co ir e vir de xente durante toda a fin de semana polo seu establecemento grazas a esta ruta. O mesmo aconteceu, por exemplo, no local do segundo premio.O Torque presentouse ao concurso cuns saquiños de arroz recheos, unha proposta con certa complicación técnica da que repartiron unhas 300 unidades.

O podio complétase coa proposta do Hotel Sena. Dende a organización celebran o éxito desta primeira edición que superou todas as súas expectativas, contando coa implicación da clientela á hora de consumir os petiscos e votar polos seus favoritos.

Porque xa o confirmaron na entrega de premios: están convencidos de que haberá segunda edición en 2027.