![]()
SALNÉS> A Audiencia Nacional considérao culpable dun delito de branqueo de capitais, polo que lle impón catro anos e sete meses de cadea máis unha multa de 2.226.100 euros.
{flowplayer}images/salnes/LAUREANO_OUBINA_CONDENA_AUDIENCIA.flv{/flowplayer}
O narcotraficante Laureano Oubiña podería volver ó cárcere despois de abandonalo hai apenas dous meses. A única causa que tiña pendente coa xustiza, unha imputación por branqueo de capitais procedentes do tráfico de drogas, acaba de valerlle unha condena de catro anos e sete meses de prisión.
A Sección Cuarta da Sala do Penal da Audiencia Nacional vén de emitir a sentencia na que considera probado que Oubiña planeou xunto á súa esposa Esther Lago, falecida no ano 2001, ‘a forma de dar apariencia legal -di textualmente o documento- ós fondos procedentes das operacións de narcotráfico que se atopaban ingresados no Banco Popular de Melilla’. Segundo os Maxistrados da Audiencia, o matrimonio acordou mercar unha serie de fincas para lavar eses cartos, trámite para o que Esther Lago creou unha sociedade mercantil seguindo sempre as directrices do su marido, neses intres no cárcere. A través destas sociedades adquiriron propiedades das que figuraban como compradores familiares e achegados da parella. Persoas, que segundo a sentencia, non contaban con ingresos legais capaces de facer fronte a estas compras.
Por este motivo o Tribunal condena tamén a unha curmá e unha amiga de Esther Lago a tres anos e tres meses de cadea, mentres que outros cinco imputados quedaron libres por falta de probas, entre eles o fillastro de Oubiña, David Pérez Lago. A maiores da pena de prisión, o narco arousán deberá pagar unha multa de máis de dous millóns de euros.
Redacción Salnés









