Retíranse dúas vellas embarcacións no areal do Chazo

    BOIRO> Ó longo de toda a xornada, unha cuadrilla traballou en Abanqueiro para ofrecer unha mellor imaxe desta praia.

    Numerosas dificultades están a ter os operarios para retirar estas embarcacións bateeiras con máis de 10 anos de vida. Esta acción inaugura a limpeza da praia Ladeira do Chazo. Máis de 12 metros de eslora podres e inservibles tiñan as dúas embarcacións, que ata hoxe se podían ver nesta praia de Abanqueiro. Retiralas parecía un traballo doado, pero o pésimo estado púxolle as cousas difíciles ós traballadores. O obxectivo, segundo as palabras do alcalde, é revalorizar o estado das praias de Boiro, creando unha óptima imaxe que favoreza ó turismo na vila. Cabe lembrar que o pasado ano, o equipo de goberno encabezado por Xoán Xosé Dieste fixo retirar deste mesmo areal, máis de 20 contedores e caixóns que proporcionaban unha imaxe de abandono. Grazas a estas actuacións, tan demandadas polos veciños, xa é o segundo ano que Ladeira do Chazo é galardoada co distintivo Bandeira Azul. Para levar a cabo a actuación deste 2014, o concello chegou a un acordo ca Demarcación de Costas de Galicia ao igual que para a retirada, que se fará mañá, de outras tres embarcacións semellantes nas inmediacións de Río Coroño.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/16/limpezapraiasboiro1606141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/16/limpezapraiasboiro160614.mp4{/flowplayer}