RIBEIRA> O BNG volve instar á Xunta a cubrir as prazas vacantes nos centros de saúde de Aguiño e Ribeira. No primeiro, un médico está de baixa e outro a piques de xubilarse, mentres que no segundo tan só hai 10 facultativos en activo, dos 14 que corresponden.
Aínda que a falla de médicos é unha realidade en moitos centros de saúde de toda Galicia, a situación de Ribeira está entre as máis graves. O centro de saúde da localidade conta con tan só 10 médicos dos 14 que deberían estar en activo polo que ó redor de tres mil pacientes non teñen facultativo asignado. A esta situación vénse sumar agora á do centro de saúde da parroquia de Aguiño, cun médico de baixa e outro a piques de xubilarse.
Para esixir a cobertura de tódalas prazas, o BNG volveu rexistrar varias iniciativas no parlamento. Ademais da contratación de sanitarios, demandan tamén que se dote ós centros do persoal administrativo acorde ó volume de pacientes.
Critican que a Xunta insista unicamente en que Ribeira conte cun novo centro médico, necesidade que comparten, pero din primeiro debe contar con persoal suficiente para prestar unha asistencia de calidade.











