Sanxenxo despide un Fitur cheo de éxitos tras recibir o Premio Q de Calidade Turística 2023

MADRID> Telmo Martín cualifica esta edición de Fitur como a máis beneficiosa que recorda para Sanxenxo. A gran demanda que recibiron as touroperadoras sanxenxinas e un novo recoñecemento dos premios Q de calidade son as claves do éxito de Sanxenxo en Madrid.

O concello de Sanxenxo remata o seu paso de Fitur con moi éxito. A vila volveu contar co seu mostrador propio e con tótems nas zonas interiores da feira, pero ademais este ano incorporou a dous mozos para repartir publicidade turística da vila por todos os pavillóns. Foron moitos os que se interesaron por coñecer máis de Sanxenxo.

Precisamente, os touroperados sanxenxinos recibiron numerosas visitas.

Durante a celebración de Fitur ten lugar a gala dos premios Q de calidade. Un evento no que Sanxenxo tamén foi recoñecido.

Por todos estes factores, Telmo Martín cualifica a edición de Fitur deste ano como a máis beneficiosa para Sanxenxo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí