Incautan en Asturias 2,4 toneladas de marisco escocés que se dirixía ó Grove

    marisco_decomiso_copia100.jpgO GROVE> O cargamento non tiña acreditación da súa trazabilidade. No Grove non temen pola imaxe do seu produto.

    {flowplayer}images/salnes/INCAUTACION_MARISCO_GROVE.flv{/flowplayer} 

    179 kilos de bogavante, 959 de boi de mar, 344 de vieira, 163 de bígaros, 28 caixas de nécora e 76 caixas de cigalas. Este é o marisco de orixe escocés que formaba o cargamento de 2,4 toneladas incautado onte en Coaña, Asturias, e que se dirixía ó Grove. O cargamento non contaba coa documentación acreditativa da súa trazabilidade.

    No concello do Grove non hai preocupación pola influenza que poida ter na imaxe do municipio nin da calidade da súa gastronomía.

    O decomiso podería pór en dúbida a imaxe da Festa do Marisco, a máis importante do Grove . Para o alcalde, os controis sobre a orixe do produto ós que a organización somete ós vendedores, fai que a calidade quede fóra de dúbida.

    A postura do concello se comparte no mercado de abastos. Os vendedores aseguran que non é a primeira vez que se producen estas incautacións, pero que ese marisco nunca chega á praza grovense. Aquí, os vendedores teñen a obriga de acreditar a orixe do produto.

    Dende a praza, sinalan ós restaurantes e ás depuradoras da zona como os probables receptores deste cargamento. O alcalde confía na hostalería grovense.

    En canto ó marisco incautado foi entregado no Bando de Alimentos de Oviedo para a súa distribución en centros benéficos da comunidade.

    Redacción Salnés