SALNÉS> Tratábase da segunda proba do Campionato de España de Trial. Ata alí desprazouse a piloto vilagarcián Verónica Miguéns, que clasificouse en terceira posición na categoría Féminas B.
Vilanova de Camí, en Barcelona, acolleu a segunda proba puntuable do Campioanto de España de Trial, no que participa a piloto do Motoclub Sqem Verónica Miguéns. A vilagarcián, que foi campiona en 2009 nesta categoría, compite esta temporada cunha Gas Gas Pro de 300 c.c. e foi asistida nesta carreira polo seu irmán Carlos e o seu pai Alberto, que fixeron as funcións de mochileiro e mecánico.
Os participantes tiveron que afrontar doce zonas, ás que deron dúas voltas. O terreo polo que transcurriron foi na súa maioría de terra, polo que a adherencia era máis ben escasa.
Verónica Miguéns foi quen de subir o podium logo de completar unha actuación moi regular, penalizando con 26 puntos na primiera volta e 25 na segunda. Iso sí, estivo lonxe das dúas primeiras clasificadas, María Giro e Berta Abellán, dúas pilotos locais que coñecían mellor o terreo.
Na xeral, Vereónica mantense terceira aumentando a súa vantaxe sobre a cuarta clasificada. A vindeira competición para a vilagarcián será esta fin de semana en Monforte de Lemos, o día 23, no Campionato Galetgo de Trial, no que tamén estará presente o seu irmán Carlos.
Redacción Salnés