A III Carreira Popular Toffe Rianxo xa conta con preto de trescentos inscritos

RIANXO> A proba, organizada polo Club Atletismo Rianxo, celebrarase o próximo dous de novembro e enmárcase no Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. Á falla aínda de varios días para o peche das inscricións, será efectiva o próximo 29 de novembro, na proba xa hai inscritas preto duns 300 corredores. Dende a organización da carreira confíase en superar a cifra da edición pasada na que se contou con preto de un milleiro de participantes. A proba organizada polo Concello de Rianxo e Club Atletismo Rianxo forma parte do Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. Un atractivo máis para moitos corredores. Dende o concello destacaron a importancia da carreira, que a pesar do seu recente nacemento, está a levantar unha grande expectación entre os amantes do running. A carreira está aberta a tódalas categorías, dende os máis pequenos ós veteranos, con percorridos diferentes acordes para cada unha das idades. A inscrición xa pode realizarse a través de emesports.es ou no Servizo Municipal de Deportes e nos pavillóns de Rianxo e Taragoña. Será gratuíta para as categorías base, mentres que os xuvenís, júnior, promesa, sénior e veteranos deberán aboar seis euros. Dende a organización quixeron afgradecer tamén a colaboración, un ano mais da empresa patrocinadora, Cafetería Toffe, así como tamén do resto de colaboradores, xa que sen a súa axuda sería imposible poder celebrar esta carreira.