Falece un mariñeiro do Son no naufraxio do Serviola I

afundimentoserviola1.jpgPORTO DO SON> No cerqueiro ían outras catro persoas máis que puideron ser rescatadas con vida.

{flowplayer}barbanza/afundimentoserviola1.flv{/flowplayer}

O mariñeiro falecido é Manuel Carou Teira, veciño do lugar da Silva no concello de Porto do Son, de 51 anos. Xunto a el, no cerqueiro afundido, o Serviola 1, con base no peirao desta localidade, ían catro tripulantes máis, o patrón do barco, tamén veciño de Porto do Son, dous senegaleses e un marroquí. Todos eles foron rescatados con vida, segundo nos relatou o patrón do Arela, Fernando Queiruga, o primeiro barco en acudir en auxilio á zona do naufraxio nada máis escoitar a sinal de socorro. A súa embarcación foi ademais a que recuperou o corpo sen vida do mariñeiro.

Fonda consternación

A nova causou unha fonda consternación no concello sonense, xa que se trataba dunha persoa moi coñecida na localidade. Deixa viúva e tres fillos.

Redacción Barbanza