Vilanova presenta as súas campañas solidarias de Nadal

    VILANOVA> Vilanova de Arousa pretende que estas festas de Nadal sexan as máis solidarias que se recordan. Hoxe foron presentadas no concello unha serie de campañas que xa se están a levar a cabo para que ningunha familia quede sen alimentos e ningún neno sen agasallos. Por terceiro ano consecutivo o concello de Vilanova desenvolve a súa campaña de recollida de alimentos e xoguetes con motivo das festas do Nadal. Dende o consistorio anímase a tódolos veciños a participar activamente dela, aportando o seu gran de area, a súa solidariedade, para que as familias máis necesitadas non lles falte con que celebrar estas datas. O centro de operacións serán a Casa de Cultura de Esteiro, onde se recollerán as donacións e se entregarán ás familias. En 2012 foron 33 as familias que foron atendidas polos servizos sociais do concello. Este ano será un número inferior pero similar. Ademais dende o concello animan a todos a participar da marcha solidaria do día 21, que sairán dende o pavillón municipal ás 17:30 horas. Nuria Morgade tamén recoñeceu a axuda que están a prestar tanto a gardería, que fai a súa propia campaña de recollida de alimentos coordinada co concello, como o Salón de beleza Merchy Pintos, que ofrece tratamentos de hixiene facial a cambio de alimentos e xoguetes para repartir entre os necesitados. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/05/kilo600_051213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/05/kilo_051213.mp4{/flowplayer}