O Grove reclamará a decisión de patrimonio para evitar que a Torre do Escuredo perda a súa declaración de BIC

O GROVE> O Grove traballa no recursos para evitar que a Torre do Escuredo perda a catalogación de Ben de Interese Cultural. A xunta podería retirar o BIC tras solicitar os propietarios que o inmoble non é un castelo, como así constaba na súa declaración. O concello sospeita que familia busca a ruína da instalación para sacar adiante unha operación turística.

A Torre do Escuredo do Grove podería perder a súa declaración de ben de interese cultural. Dende Patrimonio toman a decisión tras unha reclamación da familia propietaria solicitando que o inmoble non é un castelo, como así consta na súa declaración. Dende o Grove móstranse sorprendidos por esta decisión, xa que aseguran ter dous informes de Patrimonio totalmente contraditorios.

A Torre do Escuredo atópanse en mal estado, sen recibir os coidados e mantementos necesarios. Tarefas que correspondían á familia propietaria. Dende o concello sospeitan que os donos teñen outros intereses.

Agora ábrese o tempo para reclamar a decisión de patrimonio. Dende o goberno local xa traballan no recurso para evitar que o edificio perda a súa declaración.

No proxecto do Pxom do Grove, o concello xa estudaba a posibilidade de que a Torre do Escuredo puidese ter carácter público. Unha medida que dende o goberno local tamén estudarán.

Outra das posibilidades que o concello baralla para que a Torre do Escuredo continúe mantendo a declaración de BIC é o seu carácter histórico. Segundo indican dende o goberno local, o edificio tivo a súa importancia na historia de Galicia xa que por el pasaron personalidades como Emilia Pardo Bazán, Curros Enríquez ou ministros da época.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí