![]()
SANXENXO> Un total de nove tendas de roupa, calzado e complementos para o fogar situadas na rúa Luís Vidal Rocha de Sanxenxo…
{flowplayer}images/salnes/oulet_sanxenxo.flv{/flowplayer}
… volveron a unir as súas forzas para crear un novo evento de promoción dos seus establecementos; un outlet situado na Sala de Exposicións Nauta do Porto Deportivo sanxenxino no que expoñen roupa desta temporada e das anteriores a prezos máis que ventaxosos.
Desde a súa apertura a media mañá, este salón esta a recibir numerosas visitas de xente interesada en buscar boas compras que lle axuden á súa economía nestes tempos de crise.
O horario de apertura deste Sanxenxo Outlet A LA MODE, é de once e media da mañá ata as dez da noite; desde hoxe e ata o domingo.
Redacción Salnés







