MORAÑA> Moraña tampouco renuncia este ano á súa emblemática Festa do Carneiro ao Espeto. O concello mantén o formato do ano pasado, cun servizo de recollida do produto na propia carballeira de Santa Lucía, para despois comelo na casa. Explican que, tal e como está a situación sanitaria, é o único xeito de poder celebra-la festa. O evento complétase con multitude de propostas de lecer e actuacións musicais.
Moraña repite formato para a Festa do Carneiro ao Espeto. Nesta LII edición, prevista para o día 25 de xullo, tampouco haberá mesas na carballeira de Santa Lucía, por mor da situación sanitaria. Como solución, mantense a opción de recolle-lo produto e degustalo logo na casa dun xeito seguro con familiares ou amigos.
A dinámica permite seguir gozando desta festivididade, aínda que dun xeito diferente. Na contorna da carballeira onde terá lugar o asado, como sempre, crearase un circuito para coches, para poder busca-lo seu lote de produtos.
Ademais, dende o 10 de xullo, o concello deseñou unha ampla programación, con propostas musicais, de lecer e incluso varios showcookings. Entre esas propostas, a actuación do monologuista Lois Pérez, as actuacións de Broken Peach, La Oca Band, Gisela ou Soraya, teatro, cine na rúa e o ‘Espétalle un pincho’.
O prazo para a reserva dos lotes do carneiro ao espeto vaise prolongar ata o 19 de xullo.