O INEGA prevé medidas de aforro no mar de ata 15 millóns de euros.

    SANXENXO> Abaratar custes no sector pesqueiro grazas á implantación de medidas de aforro enerxético concretas.

    {flowplayer}images/salnes/estudio_eficiencia_enerxetica.flv{/flowplayer}

    Este é o obxectivo que persegue o Estudo de Eficiencia Enerxética no sector pesqueiro en Galicia, elaborado polo INEGA da Consellería de Economía e Industria ; que se ven de presentar hoxe na Confraría de Pescadores de Portonovo.

    Tras unha auditoría feita a preto dun cento de embarcacións galegas distribuídas por sectores, chegouse a varias conclusións que permitirán acadar un importante aforro para o sector do mar. Deste xeito, as medidas a implementar permitirían, por exemplo, diminuír en case 20 millóns os litros de combustible, cun aforro económico de máis de 15 millóns de euros.

    Estas medidas teñen que ver, sobre todo, con categorías como a loxística, a velocidade, a iluminación ou a hélice e os cables de arrastre. E, precisamente, para gañar en competitividade e productividade, a Consellería do Medio Rural e do Mar dispón dun amplo abano de axudas para que o sector mariñeiro poida implantar nas súas embarcacións algunha desta serie de medidas.

    O resumo destas actuacións están recollidas nuns libriños que a Xunta distribuirá entre o sector. Amais, este documento pode ser consultado na páxina web do INEGA: www.inega.es.

    Redacción Salnés