Vilalonga e Céltiga continúan en boa liña tras gañar pola mínima

SALNÉS> Na Prefrerente o único que mantén a boa senda é o Sanxenxo, que é segundo na xeral tras vencer no derbi ó Arosa. Gran xornada a vivida na Terceira onde Vilalonga e Céltiga sufriron pero acabaron vencendo.

Un gol de falta directa executada maxistralmente por Marc, decidíu o encontro ós 27 minutos de partido. O Vilalonga sen facer grandes alardes mereceu a victoria ante un Dorneda que deixou ás claras por que aínda non puntuou. Nin cando os celestes quedáronse con dez foron mellores os visitantes. Saúl foi expulsado por unha dura entrada, ós 75 minutos, pouco despois de recibir a ovación do público na súa volta a San Pedro. O sorprendente Vilalonga volve á cuarta posición da xeral antes de visitar a semana que ven ó líder, Racing de Ferrol.

O Céltiga visitará a outro dos históricos, o Pontevedra, e vaino facer invicto e xa co primeiro triunfo no peto, logo de impoñerse por 2-1 ó Narón. Os de Manuel Núñez remontaron un marcador adverso, con goles de Antonio e o ghanés Eric, que anotou o seu primeiro tanto no derradeiro minuto de partido.

Na Preferente o Sanxenxo levouse o derbi ante o Arosa por 3-1. Un marcador que engana porque o encontro chegou empatado ó minuto 90, tras dous goles no primeiro tempo de Fiti e Oscar Guimeráns. O propio Fiti desfaría a igualada coa testa e xa na prolongación Diego Blanco faría o terceiro nunha contra. O Sanxenxo mantense segundo na xeral mentres qye o Arosa, pese a que mellorou a súa imaxe, segue sen carburar fora da Lomba.

Como tampouco carbura o Ribadumia que sumou o seu cuarto empate consecutivo, desta volta ante o Mondariz. Os de Pablo Vázquez dispuxeron de máis ocasións pero o seu desacerto e as concesións ó rival, condenoulles. Marcaron para os locais Fran Castaño e Rober. Ó final 2-2.

Tamén perdonou o Portonovo. Un gol en propia meta de Muñiz nos últimos minutos deullela victoria ó Gondomar por 2-1, nun encontro no que o empate tivera sido o xusto. Manu Sieiro fixo o tanto dos de Ricardo.

A mellor nova da xornada deuna o Unión Grove que acadou a súa primeira vicotria tras superar claramente ó Ponte Ourense por 4-1, con dous goles de Ramón, un de Yago Ameneiro e outro de Félix.

Redacción Salnés