RIANXO> Un dos grupos máis críticos co equipo de goberno respecto ó regulamento do servizo de atención temperá, que foi levado onte a pleno para a súa aprobación inicial, foi o Partido Socialista.
Dende esta formación seguen insistindo en que o documento é demasiado xenérico e incompleto, deixando fóra diferentes aspectos, para eles chave, á hora de regular este importante servizo, que debería estar adecuado ás necesidades de Rianxo e ás familias que o necesitan.
O voceiro socialista tamén critica a falla de transparencia por parte do executivo con este asunto.











