RIBADUMIA> Todo semella froito dunha gamberrada desmedida que provocará perdas ós propietarios das vides.
{flowplayer}images/salnes/DenunciaVidesCabanelas_250912.flv{/flowplayer}
Modesto Márquez é o propietario destas viñas que na noite do sábado foron atacadas e destrozadas sen motivo aparente. O afectado foi alertado por un veciño o domingo e onte luns interpuxo unha demanda no cuartel da Guardia Civil de Cambados xunto a outros catro propietarios da zona que tamén foron víctimas deste acto de vandalismo. Aínda que as perdas económicas non son cuantiosas, Márquez sí que recoñece danos morais.
O afectado sinala que a nova senda fluvial pola que circula a variante do Camiño Portugués facilitou a entrada dos vándalos ás viñas.
Malia interpoñer a demanda, Modesto Márquez non cree que se vaia a dar cos culpables. Di que denuncia, para que se coñezan os feitos e para alertar a outros productores da zona que poderían verse afectados.
Redacción Salnés