Ribadumia racha coas cadeas da violencia machista

RIBADUMIA> A posta en liberdade deste agresor coincide no tempo co 25N, o Día para a Eliminación da Violencia sobre a Muller. En Ribadumia deuse lectura á carta da vítima, no marco duns actos cos que o concello e tamén a comunidade educativa quixeron amosar, dun xeito moi visual, o seu rexeitamento á violencia machista.

A posta en liberdade do agresor da muller do Grove estivo presente no 25N de Ribadumia. No acto deuse lectura á carta escrita pola vítima. A conmemoración desta xornada comezou cun minuto de silencio…rachado despois polos aplausos…

Despois soaron os golpes… e o rachar das cadeas… Foi a través dunha performance que tivo a Mariña como protagonista principal.

Na actuación participou alumnado do Jualia Becerra Malvar e membros da Escola de Baile Breogán Pérez.

Para o concello, os actos de hoxe serviron para visibilizar dun xeito moi gráfico o rexeitamento de toda a localidade á violencia de xénero.

O alcalde amosa tamén a súa preocupación polo incremento da violencia sobre a muller, coincidindo coa chegada do coronavirus e o confinamento.

Durante o acto tamén se deu lectura a un manifesto no que se reclamou unha maior implicación das administracións, a tódolos niveis, na loita contra esta lacra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí