Remata a concentración parcelaria de Cuntis, Piñeiro e Estacas

    CUNTIS> Máis de medio milleiro de propietarios acudiron hoxe á entrega de títulos da concentración parcelaria en Cuntis;…

    {flowplayer}images/salnes/visita_cuntis_250912.flv{/flowplayer}

    … máis en concreto, ós donos das 277 hectáreas que se axuntaron en San Mamede de Piñeiro, Estacas e parte de Cuntis; o que é a terceira fase da concentración parcelaria que se entrega este ano neste Concello.

    Con este novo milleiro de títulos os propietarios xa poderán traballar as súas terras de aquí en diante, á espera de que evolucione o que resta da concentración parcelaria neste Concello, arestora inmerso nas fases 1 e dous da parroquia de Troáns, que xa están tamén bastante avanzadas.

    Redacción Salnés